Noticias

Xuntanza RAID, preparando TEMPADA 2012

Bo día, tras pechar a tempada de raid, dende AGaCO suxerimos ós clubs interesados en participar nesta XUNTANZA de RAID, para tratar tódolos temas que estimedes convintes de cara a próxima tempada, e así desconxestionar a asemblea xeral de AGaCO, e que non quede ningún tema sen tratar por falta de tempo (levar o traballo xa feito).

Tódolos clubs oficiais AGaCO terán voz e 1 voto, e o aquí acordado terá que ser refrendado pola ASEMBLEA XERAL.

A xuntanza terá lugar o próximo día 26, aproveitando a última proba de tempada, en Pontevedra a partires das 16:00 h (a concretar lugar):

  • CALENDARIO RAID TEMPADA 2012
  • NORMATIVA RAID TEMPADA 2012 (axuntase NORMAS 2011)
  • VOCALÍA de RAID, dirección e xestión.

Por favor confirmade a intención de asistir enviando un correo-e a: galiciaraidaventura@hotmail.es

Calqueira dúbida chamar a Manuel Beloso 659 393 544