Noticias

Ranking O-Pé actualizado

Xa podedes consultar o ranking de O-Pé. Está actualizado cos resultados da proba celebrada en Cedeira.
Xa sabedes que o Xurado Técnico decidiu anular a proba, que para os efectos do ranking significa que todos os participantes conseguen unha puntuación igual á media das súas 4 mellores puntuacións ao longo da liga.
No arquivo adxunto aparecen documentos en PDF cos resultados de cada proba, co ranking total e co ranking por clubs. Ademáis, nesta ocasión engadiuse un pequeno programiña en Java para poder consultar o desglose das puntuacións de cada corredor. Esto era algo que xa existía na web anterior pero que ultimamente non estaba aparecendo aquí. Se o usuario ten instalado Java no seu ordenador, bastará con facer doble-clic sobre o ficheiro, que se chama "Corredor.jar", para que o programa se execute.

Adxuntos