Noticias

Lista de distribución para a AGaCO

Ola a todos, creouse unha lista de distribución para que a xente que o desexe se dea de alta e poida poñerse en contacto con todos os interesados en actividades de orientación que se realicen principalmente en Galicia.

Podedes darvos de alta dende un formulario que se atopa na web principal ou accedendo directamente ó grupo en Google Groups: https://groups.google.com/group/agaco

Para poder participar unha vez subscritos, só tedes que enviar un correo a agaco@googlegroups.com e xa sería recibido por todos os subscritos.

O que se busca con este tipo de ferramentas é conseguir unha comunicación e participación moito máis dinámica entre todos os interesados no mundo da orientación.

Como darse de alta dende correos que non sexan @gmail.com

  1. Enviar un correo a agaco+subscribe@googlegroups.com simplemente coa palabra "Alta".
  2. Recibiremos un correo co título "Join request for AGaCO".
  3. Respostar ese correo sen escribir nada.
  4. Recibiredes un correo que diga "You have joined the group agaco@googlegroups.com" que significa que a túa alta foi correcta.

Revisade tamén a carpeta de "Correo no deseado" xa que nas contas de hotmail soe ir parar alí os correos de confirmación.

Rógase non enviar ningún tipo de publicidade ou o autor será retirado do grupo sen posibilidade de reingreso.

Un saúdo a todos.