Noticias

Carreira Popular de Orientacion

O próximo domingo 13 de novembro invitámoste a participar e disfrutar con nós nunha paraxe idea e ó mesmo tempo aprender un pouco de orientación.

Organizaremos esta carreira apta tanto para os deportistas máis preparados como para os iniciados, nun entorno único, o parque municipal de Bens.

DECATHLON (Oleiros) anímate a participar nesta carreira de demostración para os iniciados e adestramento para o resto de participantes deste deporte.

O final da carreira haberá un sorteo de material deportivo entre todos os participantes.

Lugar: Parque Municipal de Bens (A Coruña)
Hora de saída: 10:00
Hora de peche de meta: 13:00
Categorías:
- Nenos - Ata 14 anos
- Recorrido 1 - Sinxelo e curto
- Recorrido 2 - Dificultade e distancia media
- Recorrido 3 - Dificultade alta e longa distancia
Mapa: A escala 1:5000

Inscricións e toda a información en DECATHLON (Oleiros).

Os menores de 18 anos precisarán a autorización paterna que se facilitará no momento da inscrición.

A data límite para a inscrición é o venres 11 de novembro ás 22:00 horas.

Material recomendado por corredor: Roupa deportiva e brúxula.

Esperámosvos en Bens!

Adxuntos