Noticias

Éxito galego na Liga Española de MTBO e no Campionato Ibérico Feminino de O-Pé

A última fin de semana de setembro acollía dous eventos a nivel nacional, dunha banda a derradeira proba da Liga Española de MTBO en Sevilla e doutra banda o Campionato Ibérico Feminino de O-Pé en Vagos (Portugal)

Na proba de MTBO, celebrada no concello andaluz de Aznalcázar cómpre destacar as posicións de podium na suma das dúas probas de bosque (distancia media e longa) de Sonia Gómez (Fluvial de Lugo) quen terminaba 1ª en F40 mentres que os seus compañeiros de club, Francisco Varela (M50) e Pablo Fernández (M17) gañaban a prata. O orientador do club coruñés Gallaecia Raid, Martín E. Álvarez Braña era terceiro en M20 e por último Eloi Serantes (ADC Arnela) gañaba tamén o bronce en M15.

Resultados

A falta de que remate o prazo de reclamacións, o ranking desta tempada coroa ó club Fluvial de Lugo como campión da Liga Española de MTBO 2018 por terceiro ano consecutivo, seguido do club Gallaecia Raid. Na categoría élite, dúo de galegos como campións de liga, sendo Ángel García e Ana Varela (ambos de Brigantia Aventura) en categoría masculina e feminina. Tamén en élite, Mar Delgado (OPB) acada a prata mentres que a luguesa Luisa Felpeto gañaba o bronce. Engadindo ós metais do resto de categorías, Galicia acada nesta tempada 19 medallas individuais.

Alba Dopico - Gallaecia Raid 2ª (F15)

Antía Oujo - ADC Arnela 2ª (F20)

Bárbara del Puerto - SEO 3ª (F21A)

Sonia Gómez - Fluvial de Lugo 1ª (F40)

Yolanda García - Gallaecia Raid 3ª (F40)

Nicolás López - O Pasatempo Betanzos 1º (M15)

Eloi Serantes - ADC Arnela 2º (M15)

Javier López - O Pasatempo Betanzos 1º (M17)

Pablo Fernández - Fluvial de Lugo 2º (M17)

Martín E. Álvarez - Gallaecia Raid 2º (M20)

Javier Liz - Fluvial de Lugo 1º (M21)

Carlos Fernández - Fluvial de Lugo 3º (M21)

Roberto Chas - Gallaecia Raid 3º (M40)

Enrique L. Álvarez - Gallaecia Raid 2º (M50)

Eugenio Rodríguez - Fluvial de Lugo 3º (M60)

Ranking

Doutra banda, numerosos orientadores e orientadoras da nosa comunidade desprazáronse ata o concello luso de Vagos para disputar o Campionato Ibérico Feminino de O-Pé, no que as nosas deportistas loitaban polo título contra as orientadoras portuguesas. Rosa María Pernas (USC) e Candela Puime (BudiñoRaid) eran ambas segundas clasficadas, engadindo ós seus metais ós 24 conseguidos por orientadoras españolas no campionato.

Resultados

Noraboa!