Noticias

LICENZAS FEDERATIVAS 2024

Xa está aberto o prazo para tramitar as licenzas federativas de orientación para a tempada 2024.

Por que federarse?

Estar federad@ identifícache como practicante habitual do noso deporte, permíteche puntuar nos rankings anuais de O-Pé, Trail-O, Rogaine, Raids ou MTBO, ademais de contar cun seguro de accidentes deportivos durante a práctica de orientación.

Coa licenza federativa, tamén poderás participar nos órganos de decisión e goberno da Federación , terás acceso a cursos e programas de formación, prezos especiais en certas actividades e a posibilidade de formar parte da Selección Galega nos Campionatos de España das diferentes modalidades.

Por outro lado, formarás parte dun proxecto común de defensa e promoción da orientación, contribuíndo á tecnificación d@s nos@s deportistas máis nov@s, á formación de xuíces/zas e técnicos/as e apoiarás a celebración de grandes citas nacionais e internacionais.

Como solicitar a licenza?

A licenza solicítase a través dun club pertencente á FEGADO.

Éobrigatorio estar federad@ para practicar orientación?

Non, aínda que é moi recomendable.Para participar nunha actividade organizada pola FEGADO sen estar federad@,débese solicitar unha licenza de día.

Os prezos da licenza FEDO 2024 pódense consultar aquí e no documento adxunto.