Noticias

MEDALLA DE BRONCE PARA O EQUIPO KELTOI NA PC12 ADVENTURE RACE

O Equipo Keltoi, formado polos nosos corredores Marcos Varela, Juan Carlos Vázquez ( ambos do Club Brigantia Aventura), Felipe Peña Pita (Club Gallaecia Raid), xunto con Mariana Pontes; conseguiui o terceiro posto na PC12 Adventure Race. A proba forma parte das Adventure Race World Series e estase disputando en Colombia entre o 4 e o 10 de xuño

O equipo cruzou a liña de meta este xoves, tras 4 días 1 hora e 54 minutos de carreira; despois de completar uns 500km en seccións de orientación, trekking, BTT, kaiak, cordas e espeleoloxía.

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns aos catro!