Noticias

XORNADA TÉCNICA DE XUÍCES CONTROLADORES

A FEGADO convoca unha xornada técnica de Xuíces Controladores.

Esta xornada vai dirixida especialmente a organizadores de probas (2016 e 2017), Xuíces Controladores de probas no 2016, pero está aberta absolutamente a todo o que desexe participar, sobre todo ós efectos de intervir como Xuíz Controlador en probas oficiais galegas no 2017.
A Xornada levarase a cabo en Casa Sixto o sabado 28 de xaneiro dende as 10 h. ás 14:30, ampliando á tarde se fose necesario (15:30 a 18:00).

Para inscribir ós membros do voso clube enviade un listado (a alejandra@edu.xunta.es) co nome da Xornada (Xornada Técnica de Xuíces-Controladores), nome e apelidos dos participantes e si se quedan a comer ou non. A data de envio de inscricións é ata o martes 24 (incluido).