Noticias

[NOVO] REGULAMENTO ORIENTACIÓN 2023 O-PÉ | SPRINT | MTBO e TRAIL-O e NORMAS ANUAIS 2023

Xa están á vosa disposición tanto nas ligazóns adxuntas coma na sección TRANSPARENCIA, pestana NORMATIVA, o REGULAMENTO DE ORIENTACIÓN 2023 [novo] e as NORMAS ANUAIS específicas [novas] das especialidades de O-PÉ e SPRINT, MTBO e TRAIL-O que aplican na tempada 2023 que arrinca a vindeira fin de semana coa doble proba de O-Pé SPRINT organizada polo club VIGORIENTA na cidade de Vigo.

Unha vez coñecido o novo Regulamento e Normativa 2023 FEDO, traballamos na redacción final do REGULAMENTO DE RAID DE ORIENTACIÓN FEGADO 2023 e das súas NORMAS ANUAIS, que estarán dispoñibles ao longo da presente semana.

Tratamos de incorporar unha linguaxe inclusiva nos catro (4) documentos publicados documentos pola FEGADO. Tamén estamos a traballar na versión galega do Regulamento de Orientación, que contamos con ter dispoñible en breve.

Para calquera dúbida ou incidencia, enviade un correo-e á conta fegado.direcciontecnica@gmail.com


As sucesivas correcións/actualizacións serán rexistradas na presente noticia.


ROP v1. Incorporación del término "significativamente" en el art. 29.12 y 34.7 por convergencia con IOF y FEDO (espíritu de propuesta aprobada).