Noticias

RESERVA a túa praza no Campus de Verán FEGADO 2023 (finais de agosto)

Estamos a traballar no deseño do Campus de Verán FEGADO 2023, dirixido aos rapaces e rapazas do Grupo de Tecnificación que progresan e compiten autónomamente en Liga Galega.

Aínda non temos confirmadas as localizacións, pero a nosa intención é desenvolver as actividades fóra de Galicia en mapas de calidade. A duración estimada será de 4 ou 5 xornadas nos últimos días do mes de agosto. Posible saída o xoves 24 (alt. mércores 23) e chegada o domingo 27 de agosto.

Actividades de mañá e tarde con dispoñibilidade de adestradores/as da FEGADO. Transporte dende Galicia, manutención e aloxamento en réxime de copago en base á dispoñibilidade orzamentaria aprobada en Asemblea Xeral.

É importante que reserves a túa praza se pensas que estás interesado/a en asistir. Simplemente envía un correo, preferentemente a través do teu club, á conta fegado.tecnificacion@gmail.com. Data límite 30 de xuño ás 23:59 horas.

Loxicamente, antes de que a FEGADO solicite a confirmación da asistencia, publicaremos un programa detallado da viaxe e das actividades con toda a información necesaria.