Noticias

Publicación de resultados da proba do Pedroso

Publicamos a clasificación da proba con tramos eliminados nos percorridos coas balizas 56 e 57, como se mostra no ficheiro con parciais.

Os percorridos con tramos eliminados non contarán para a clasificación da Liga Galega, os outros si.

Os percorridos SEN tramos eliminados, e válidos por tanto para a Liga Galega 2012,  son INI-C, D-12, D-14, H-12, H-14, H-35, H-E e 6FC.

Evento relacionado

Proba Liga Galega Orientación a Pé 2012. Santiago de Compostela