Noticias

MÁIS DE 1500 DEPORTISTAS COMPITEN ESTA FIN DE SEMANA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN A PÉ

Esta fin de semana celébrase o Campionato de España de Orientación a Pé en Soria, no que se disputarán as probas de Longa Distancia e Remudas Mixtas. Máis de 1500 deportistas participarán nesta competición, entre os que se atopan case 100 orientadores e orientadoras da FEGADO.

O sábado 15 o evento dará comezo coa Longa Distancia ás 9:00 e pola tarde ás 18:00 disputaranse as Remudas Mixtas ás 18:00. O domingo ás 9:00 celebrarse unha proba de Distancia media que será puntuable para o ranking nacional.

As probas serán retransmitidas en directo a través da canle de YouTube da FEDO, haberá seguimiento GPS en TracTrac e os corredores/as poderán colgar os percorridos en O-track. Os resultados en directo pódense consultar aquí e os últimos detalles da proba están dispoñibles na web do evento

Moita sorte a tod@s!