Noticias

Asemblea Fegado baixo o protocolo FISICOVID-DXTGALEGO

O sábado día 19 de decembro celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria de FEGADO na que se aprobou a liquidación do orzamento 2020 e o orzamento, o calendario de competición e os regulamentos e normas anuais para o ano 2021.

A Asemblea tivo a súa convocatoria no salón de actos da sede do club Fluvial de Lugo con tódalas medidas de seguridade anti-covid baixo o protocolo FISICOVID-DXTGALEGO cunha mínima asistencia presencial e co resto de membros conectados vía videoconferencia.

A propia Asemblea ratificou a excelencia do protocolo FISICOVID de Fegado aprobandoo por unanimidade como a mellor ferramenta coa que podíamos contar para defendernos contra o virus.

Como novidade para a nova tempada cabe destacar a inauguración da Liga Galega de Trail-O.