Noticias

DOUS NOVOS PODIOS PARA O ROGAINE GALEGO NO CTO. DE ESPAÑA

O pasado sábado 7 de novembro, disputábase en Poblado de Guadisa (Cáceres), o Campionato de España de Rogaine, única proba do calendario desta modalidade e na que a organización, a cargo da federación extremeña, estremou os protocolos sanitarios para ofrecer unha proba segura.

O equipo do Club Aromon de Pontevedra AROMON COTA CERO formado por Ángel Álvarez Serto, Adrián Moreira Alonso e Xoel Chamorro García acadaba o bronce na categoría Absoluta Masculina por detrás do IMPERDIBLE e GOCAN R.M.K. Na mesma categoría, o equipo do corredor galego Juan Combarro (Fluvial de Lugo) acadaba a cuarta posición.

Pola súa banda, na categoría Veteranos Masculino o equipo BRIGANTIA, formado por Marcos Varela Yañez e Alfonso Breogán Vázquez, alzábase co segundo posto.

Por último, destacar o 5º posto dos deportistas do club Fluvial, Alberto Corral e Luisa Felpeto, na categoría absoluta mixta.