Noticias

NOVO APARTADO DE FORMACIÓN NA WEB DA FEDO

A Federación Española de Orientación creou un espazo na súa páxina web que reúne toda a información referente a formación e cursos, así como as ferramentas de teleformación. Pódese acceder dende a páxina de inicio da FEDO, na columna dereita.

No apartado "Cursos", haberá unha lista actualizada dos cursos, exames, clínics e demais eventos de caracter formativo da FEDO. Aparecerá o tipo de acción formativa e o nivel, lugar, datas, se é presencial ou online, o estado e o enlace á información pertinente. Tamén hai un apartado de preguntas frecuentes onde resolver as dudas formativas e en organización de cursos. Modificarase segundo aparezan novas preguntas plantexadas polos usuarios.

Por último, habilítase tamén un apartado onde se enlaza coa plataforma Moodle de teleformación de la FEDO. Calquera entidade organizadora (federación autonómica, club...) dun curso ou acto formativo con validez FEDO, pode solicitar de xeito gratuíto o uso da plataforma de teleformación como ferramenta para impartir dito curso.