Noticias

VALLADOLID RECIBIU ESTA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CENTROS ESCOLARES DE ORIENTACIÓN

A pasada fin de semana, Portillo (Valladolid) acolleu o Campionato de España de Centros Escolares de Orientación (CECEO), organizado polo Club Deportivo Portillo en colaboración coa Federación de Orientación de Castilla y León (FOCYL).

O CECEO deu comezo o venres 12 cun sprint nocturno e continuou o sábado coa proba intermedia. Nestes eventos, a nosa orientadora Sara Nogueras (do IES Leiras Pulpeiro e tamén do Club Fluvial de Lugo) proclamouse campioa e terceira na categoría cadete, respectivamente. As remudas clásicas pecharon a competición o domingo e nesta ocasión, o equipo infantil feminino do IES Leiras Pulpeiro recolleu o bronce.

Os resultados completos están dispoñibles aquí.

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a tod@s @s participantes e animámolos a que sigan practicando orientación!