Noticias

O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS RECIBIU A MÁIS DE 400 DEPORTISTAS A PASADA FIN DE SEMANA

A pasada fin de semana, os rapaces e rapazas da selección galega infantil, xuvenil e cadete desprazáronse a Tarragona para disputar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA). A organización do evento estivo ao cargo da Federación Catalana (FCOC) e o club Montsant de Curses d?Orientació

A competición comezou a mañá do venres coa media distancia en Pont del Diable, mentres que pola tarde a localidade de Montblanc acolleu o sprint.

O sábado disputouse a longa distancia en Els Segalassos. O evento proseguiu pola tarde cunha proba de Trail-O, na que Anxo Somoza (Club Gallaecia Raid) conseguiu a segunda posición.

As remudas mixtas puxeron fin ao Campionato o domingo e o equipo formado por Sofía Martínez, Diego Pérez, Marcos Silvarrey e Indira Fernández, logrou o bronce na categoría xuvenil.

Ademais, Galicia recolleu o premio ao "Fair Play" e a nosa orientadora Noa Pardo foi recoñecida por auxiliar a unha corredora durante unha das probas

Dende a FEGADO queremos felicitar a todos os deportistas participantes pola súa actuación neste CESA e agradecer o traballo dxs monitorxs acompañantes!!!

Todos os resultados e os O-Track están dispoñibles aquí e as probas pódense revivir na canle de YouTube da FEDO.

Fotos de Alba Grimaldi e Sescún neste enlace e fotos de Sonia Arias neste enlace.