Noticias

Adestramento Selección Galega MTBO

O sábado 16 a selección galega de MTBO celebrou un adestramento conxunto coordinado polos experimentados Ángel García, Ana Varela e Antonio Gil.

Orientadores de todas as categorías déronse cita no concello de Coirós e enfrontáronse a tres bloques distintos: unha saída en masa, circuitos sprint e series de elección de ruta. Dende a organización do adestramento destacan o alto nivel e calidade do conxunto galego quen se enfrontará a finais de marzo á primeira proba de Liga Española de MTBO en Sevilla.

Unha vez mais, o noso agradecemento ó concello de Coirós por apoiar á orientación de novo así como ó club Brigantia e mais ó grupo de organización por faceren posible o adestramento!

A por esta tempada!

El sábado 16 la selección gallega de MTBO celebró un entrenamiento conjunto coordinado por los experimentados Ángel García, Ana Varela y Antonio Gil.

Orientadores de todas las categorías se dieron cita en el concello de Coirós y se enfrentaron a tres bloques distintos: una salida en masa, circuitos sprint y series de elección de ruta. Desde la organización del entrenamiento destacan el alto nivel y calidade del conjunto gallego que participará a finales de mes en la primera prueba de Liga Española de MTBO en Sevilla.

Una vez más, nuestro agradecimiento al concello de Coirós por apoyar la orientación de nuevo así como al club Brigantia y al grupo de organización por hacer posible este entrenamiento!

¡A por la temporada 2019!

Adxuntos