Noticias

TECNIFICACIÓN (en competición) no PYRENE RAID 2024 (Valle de Tena, Huesca) do 17 a o de 19 maio

Convocamos ás persoas deportistas de categorías xuvenís a participar, dentro do Programa de Tecnificación Deportiva da FEGADO, na competición Pyrene Raid 2024 como actividade de aprendizaxe e consolidación de equipos de cara ao futuro Campionato de España de Selección Autonómicas de Raid Xuvenil do vindeiro 2025.

Estamos a explorar a viabilidade de consolidar algún equipo xuvenil e a traballar na posibilidade de viaxar e aloxarnos todos xuntos. Somos conscientes da densidade do calendario FEDO e FEGADO, pero pensamos que é unha oportunidade para formarse nun terreno espectacular e nunha proba de calidade, con probas especiais e que á vez é Campionato de España nun contexto de Series Europeas ARWS.

Coñecemos a dureza da proba, lonxe das especificacións técnicas que en FEGADO temos para a Categoría Orientaraid, pero consideramos que pode ser un bo escenario de aprendizaxe tutelada por FEGADO onde traballar unha estratexia (saber recortar) adaptada ás condicicións físicas e ás habilidades dun equipo xuvenil.

Os equipos xuvenís contarán cunha axuda económica da FEGADO suxeita á dispoñibilidade orzamentaria.

Coordina a activade a vogalía de Raid. Data límite para confirmar á FEGADO o teu interese: venres 3 de maio (peche de inscricións o venres 10 de maio) na conta de correo-e raid@fegado.es, onde tamén poderás solicitar máis información.


Info da competición: consulta a ligazón adxunta