Noticias

SELECCIÓNS GALEGAS para o CEO Soria 2023 (15 de abril)

Publicamos o documento de Seleccións Galegas CEO Soria 2023 en dúas listaxes independentes:

a) Selección Galega para o Campionato de España de DISTANCIA LONGA de Sotolengo (Soria). Xornada da mañá do sábado 15 de abril. 34 persoas deportistas seleccionadas individualmente (17 mulleres e 17 homes).

b) Selección Galega para o Campionato de España de REMUDAS MIXTAS de Abejar (Soria). Xornada da tarde do sábado 15 de abril. 32 persoas deportistas seleccionadas (16 mulleres e 16 homes) e que integran oito equipos oficiais completos (neste ano 2023 puidemos un equipo por cada unha das categorías), máis dúas persoas deportistas Sénior (1 muller e 1 home) por Decisión Técnica ata completar as 34 prazas dispoñibles. Equipos de Remudas pendentes de publicación/confirmación oficial por parte da organización (especial atención os equipos OPEN).

Boa viaxe, boas carreiras e parabéns a tódolas persoas deportistas seleccionadas.