Noticias

Tecnificación 2024 en O Bolo (OU) o sábado 24 (tarde e noite) e domingo 25 (mañá) de febreiro (chan duro dispoñible!!!)

Segunda actividade de "tecnificación programada" no mapa de O Bolo (Ourense), como complemento á 2ª proba da Liga Galega de O-Pé (sábado) e 1ª proba a Liga Galega de MTBO. Programa:

a) Sábado tarde. Adestramento técnico (rochas) de O-Pé (de 15:00 a 18:00 horas). Durante a montaxe do adestramento: charla técnica 1 para que os rapaces/as que compiten en O-Pé coñezan tamén as claves da especialidade MTBO: cartografía, uso do portamapas e compás, técnicas básicas.

b) Sábado noite (dispoñibilidade de chan duro). Horario a confirmar (antes e despóis da cena). Charla técnica 2 MTBO para a preparación da competición do domingo. Análise do terreo e trazados. Técnicas. Charla técnica 2 para que os rapaces/as que compiten en O-Pé coñezan tamén as bases da especialide RAID: cartografía, probas especiais, estratexias, etc. Exemplos de competicións nacionais e internacionais.

c) Domingo (despóis da competición). Análise da carreira. "Mecánica básica" para corredores/as MTBO.

É imprescindible confirmar a túa asistencia na conta de correo oripe@fegado.es. Debes especificar se queres asistir á actividade de sábado tarde, sábado noite e/ou domingo. Tamén se queres que reservemos praza no chan duro no pabillón de O Bolo (duchas dispoñíbles).

Data límite: domingo 18 xaneiro ás 23:50 horas (a mesma que no peche de inscricións da proba).

Punto de encontro: centro de competición.

Grupos de tecnificación: Rapaces e rapazas que xa "progresan autonomamente" en probas oficias (mínimo nas categorías M/F 12). Por decisión técnica se asignarán ao Grupo 1 (básico), Grupo 2 (intermedio) ou Grupo 3 (perfeccionamento). Tecnificación + (persoas xoves senior, xa tecnificadas e que aspiran a competir nas categorías elite): se convocarán por decisión técnica de entre as persoas solicitantes que cubriron o formulario.

Coordinan: Teresa Bellón (vogalía O-Pé), Alicia Pérez (vogalía MTBO) e Adrián Pérez (vogalía RAID) e Jorge Piñeiro (Dirección Técnica).

Materiais compás e funda plástica para o mapa. SPORTident. Máis info no BOLETÍN DA ACTIVIDADE que publicaremos durante a semana tras o peche de inscricións.


Se é que non o fixeches antes, aínda estás a tempo de encher o FORMULARIO DE TECNIFICACIÓN 2024 para poder coñecer mellor as túas inquedanzas e poder adaptar mellor as nosas actividades.