Noticias

Adestramentos (libres) en Pregontoño (Arzúa) para persoas federadas que desexen preparar o CEMBTO 2024 de Badajoz

Co gallo de seguir preparando o próximo CEMTBO 2024 de Badajoz (20 e 21 de abril), e grazas á colaboración do Club Brigantia Aventura e de Ángel García, a vogalía de MBTO pon a disposición das persoas federadas que queiran adestrar, un mapa no lugar de Pregontoño (Arzúa). Sería un adestramento programado en corredor ("pasillo") de 49 km, escala 1:15000 nun conxunto de 3 mapas.

As persoas deportistas interesadas en recibir o xogo de mapas para imprimir, poñédevos en contacto con mtbo@fegado.es

Recordade que o prazo de inscrición ao CEMTBO a través da plataforma SICO remata o vindeiro 14 de abril (o recargo aplícase dende o 12 de abril).

Animádevos a participar.

Nós podemos!!! (We C/\^n!!!)