Noticias

FEDO publica os CRITERIOS DE SELECCIÓN MTBO para a tempada 2023

A Dirección Técnica da FEDO completa a paleta dos Criterios de Selección para formar parte das súas Seleccións Nacionais da tempada 2023 coa publicación dos correspondentes á especialidade de MTBO.

Adxuntamos os criterios e máis o programa para formar parte dos equipos nacionais nas distintas categorías.

As competicións máis importantes no 2023 son o Campionato de Europa de Portugal (abril), o Campionato do Mundo da República Checa (agosto) e o Campionato do Mundo sub23 de Italia (setembro).

As probas puntuables para formar parte do equipo nacional comezarán nos próximos 18 e 19 de marzo en Extremadura, coincidindo coa primeira proba da Liga Española de MTBO. O prazo de inscrición á mesma remata o vindeiro 13 de marzo.

Na liña establecida por FEDO para tódalas especialidades, existe un formulario para introducir os Proxectos Deportivos Individuais das persoas deportistas aspirantes ás seleccións, que permanecerá aberto na correspondente ligazón ata o 19 de marzo.

Toda a nosa forza para as/os nosas/os aspirantes nas categorías absoluta, junior e xuvenil.

Ganas, traballo, talento... FE-GA-DO !!!