Noticias

7ª Liga local de Orientación AROMON ChemaSport (LACHS).

Esta tempada 2018 continúa o proxecto iniciado hai uns anos por parte do clube AROMON: a celebración da 7ª Liga local de Orientación AROMON ChemaSport.

Despois das seis anteriores edicións, e contando en todas elas cunha elevada participación, este ano pretendemos ampliar o volume de probas, ata chegar a un total de 14, desenvoltas en tódolos meses e en diferentes modalidades (a pé, mtbo, microsprint, nocturnas, distancias media e longa, etc).
Queremos agradecer a colaboración dos diferentes concellos nos que realizaremos estas probas: Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Marín, Meis, Moraña, O Grove, Pazos de Borbén, Pontevedra, Poio, Redondela, Soutomaior e Tui.
Publicamos o cartaz que empregaremos este ano e no que figuran xa as datas de desenvolvemento de tódalas probas, así coma a súa ubicación.
Para calquera información adicional, podedes contactar connosco a través do email: lachs@aromon.es
Un saúdo

Adxuntos