Noticias

ALBACETE ACOLLEU ESTE SÁBADO O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ULTRASCORE MTBO

A pasada fin de semana algúns dos nosos orientadores e orientadoras competiron no Campionato de España de Ultrascore MTBO- IV Trofeo Quijotes MTBO en Albacete.

Lía Rodríguez e Noa Rodríguez, ambas do Club Orientación Compás, conseguiron as medallas de ouro e prata, respectivamente, na categoría F15

Noraboa a todos os participantes e grazas ao club BMT Casas de Ves e á FECAMADO pola organización da proba!


Máis info e resultados aquí