Noticias

PRESELECCIÓN CEMTBO 2024 | 20 e 21 de abril | Badajoz (Extremadura)

Adxuntamos unha extensa lista de persoas deportistas que loitarán polas 26 prazas dispoñibles para formar parte da Selección Galega do CEMTBO 2024 de Badajoz (Extremadura).

Que significa estar entre as persoaspreseleccionadas ? É un recoñecemento ao esforzo e aos méritos deportivos individuais. Tamén aplícanse decisións técnicas e valórase positivamente a participación en adestramentos e actividades de tecnificación da FEGADO.

Motivación e novas experiencias. A preselección ten o obxectivo de motivar ás persoas deportistas para perseverar no proceso de mellora individual continua.Tamén para dar o salto e probar a experiencia de saír ás probas de nivel nacional, formando parte do grupo da FEGADO que se desplaza regularmente ás competicións.

Que debo cumprir para formar parte da SelecciónGalega? A selección definitiva farase entre as persoas inscritas no CEMTBO na plataforma SICO. Hai un número limitado de 26 prazas, repartidos por grupos de categorías. Aplicaranse os criterios de selección reflectidos no documento adxunto que se integrará no Programa para a tempada 2024: SelecciónsGalegas O-pé, MTBO, RAID e Trail-O e que será publicado na web da FEGADO: TRANSPARENCIA +SELECCIÓNS GALEGAS.