Noticias

O JUKOLA 2023 CELÉBRASE ESTE SÁBADO 17 EN FINLANDIA

O Jukola, unha das competicións de remudas de orientación máis importantes a nivel internacional xunto co 10Mila, celébrase este sábado 17 en Porvoo/Borgå, no leste de Finlandia, e reunirá a máis de 3200 equipos e máis de 18000 deportistas.

Os nosos orientadores Lucía Parga e Brais Piñeiro competirán alí representando ao club sueco Snättringe SK.

O Venla Relay (remudas femininas) dará comezo ás 14:00, onde Lucía será a primeira posta do segundo equipo. A saída do Jukola relay (remudas masculinas) producirase ás 23:00, poucos minutos despois da posta de sol, e Brais sairá en quinto lugar. No caso das remudas femininas, o tempo gañador estimado é dunhas tres horas entre as catro postas; mentres que nas masculinas será de oito horas coa suma dos tempos dos sete membros de cada equipo.

A competición pódese seguir por TV en directo (prezo: 25 euros) e os resultados están dispoñibles aquí. Na imaxe adxunta podedes ver o mapa onde se disputará o evento este ano.

Moita sorte!

Adxuntos