VII LIGA LOCAL Aromon-Chemasport: 4ª proba
Cando: Domingo 15 de Abril, de10 a 13hs.
Lugar: Illa da Toxa
A MODALIDADE desta cuarta probaserá a Orientación a Pé. Os deportistas deberán completar o percorrido sinaladono mapa, que a organización entregará na saída, no menor tempo, sen fallos ecoa única axuda dun compás.
CATEGORIAS:
· Iniciación nenos: categoría pensada para os nenos cun nivel de esixencia física e técnicabaixo. Se son menores de 10 anos, recomendamos que a fagan acompañados dunadulto. Se son de 10 ou máis anos, poden ir en grupo ou sós.
· Iniciación adultos: categoría pensada para os adultos (e nenos con experiencia) cun nivelde esixencia físico e técnico medio adaptado a persoas adultas.
· Avanzado: categoría pensada para nenos e adultos con experiencia en competición cun nivelde esixencia físico e técnico máis alto (só poderán inscribirse nesta categoríapersoas federadas en orientación).
CUSTO:
Socio do club e federado FEDO (con AROMON): 0 euros
Socio do club NON federado FEDO: 5 euros
Federado FEDO de 15 anos ou menos: 0 euros
Nenos de 15 anos ou menos (non federados): 0 euros
Maiores de 15 anos: 9 euros
INSCRICIÓNS.-
Até o martes 10 de abril ás 22:00h na oficina do club AROMON, ou através do formulario: https://goo.gl/g2Bi7V.
Para formalizar a inscrición podedes facer o pago na mesma naoficina do club ou facer o ingreso na conta de ABANCA ES08 2080 5403 4030 40118709 e enviar xustificante de pago a lachs@aromon.es
ATENCIÓN.-
Existirá un límite de prazas:200 (si se cubriran priorizarase por orde de inscrición, e crearíase unha listade agarda)