Eventos

11ª PROBA (sa17set) LIGA GALLEGA DE ORIENTACIÓN A PÉ ( novo MAPA PENA DOS MONTEIROS)

DISTANCIA LONGA, con tramos en mapa novo fóra da Rede Natura e das Zonas de Exclusión coñecidas (respecto ao medio ambiente e orientación sostible). Xa estamos traballando nos trazados da proba do sábado 17 de septembro. Haberá sorteos e entrega de trofeos no Centro de Competición do Curro do Monte Fogoselo. Espazos de saída e meta a 2 km do Curro. As autorizacións están cursadas en tempo e forma (agardamos que as respostas sexan positivas). Trazador: Javier Sevilla.

Agradecemento pola súa colaboración ao Concello da Capela (facilita o Servizo de Ambulancia medicalizada) e ao Concello das Pontes (apoio á eleboración dunha nova cartografía e impresión de mapas), que nos permitirán disfrutar de tramos inéditos no mapa Pena dos Monteiros. Cartógrafo: Martín Morales (Tric-Track). Agradecemento aos cartógrafos Iván Mera (mapeO) e Javier Arufe (Club Orientación Liceo).

- DATAS CLAVE:

1.- Luns 6/xuño > Declaración de zona embargada.

2.- 13/xuño > Enviada solicitude ao Servizo de Montes

3.- 29/xuño > Enviada solicitude ao Servico de Patrimonio Natural

4.- 21/xullo > Autorización Concello As Pontes

5.- 28/xullo > Autorización Concello A Capela

6.- 2/agosto > Enviada solicitude a Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas.

7.- 1/set publicado BOLETÍN 1 e ANEXO I (indicacións acceso ao Curro)

8.- 7/set publicados Comentarios do trazador

9.- 8/set publicado BOLETÍN 2 (eliminase BOLETÍN 1)

10.- ma12set publicada LISTA DE INSCRITOS

11.- xo14set publicación AVALIACIÓN DE RISCOS da proba.

12.- xo15set previsión publicación HORAS SAÍDA