Eventos

6ª proba da Liga Galega de O-PÉ | Campionato Xunta de Galicia de Distancia Longa- Pena dos Monteiros

Memorial Antonio Trueba de la Iglesia

A Sociedade de Montaña Ártabros organiza a 6ª proba da Liga Galega de Orientación a Pé, que será o Campionato Xunta de Galicia de Distancia Longa e a 4ª proba da Liga Transfronteiriza Galicia- Norte de Portugal.

O evento terá lugar no mapa Pena dos Monteiros (Goente, As Pontes de García Rodríguez) o sábado 14 de setembro.

Boletín 0: publicado o 12/08

Mapa antigo: publicado o 12/08

Área embargada: publicado o 12/08

Boletín 1: publicado o 05/09

Comentarios do trazador: publicado o 05/09

DATAS CLAVE (previsión):

1.- Xoves 5.9 > Boletín 1, descripción do centro de competición e zona de carreira (comentarios do trazador).

2.- Venres 5.9 > Distancias e desniveis (info preliminar).

3.- Domingo 8.9 > Peche de inscricións (ás 23:50).

4.- Martes 10.9 > Indicacións de prevención de riscos e seguridade.

5.- Mércores 11.9 > Distancias, desniveis e info categoría (definitivo).

6.- Xoves 12/9 > Boletín FINAL. Horas de saída + indicacións cerimonia premiación Campionato Xunta de Galicia de Distancia Longa.