Eventos

8ª PROBA DA LIGA GALEGA DE O-PÉ- CAMPIONATO GALEGO DE LONGA DISTANCIA- A CAPELA

A SM Ártabros organiza en Forgoselo (A Capela) a 8ª proba da Liga Galega de Orientación a Pé, que será o Campionato Galego de Distancia Longa e a 4ª proba da Liga Transfronteiriza Galicia Norte de Portugal.

13/08/25: Publicación do Boletín 0 e prohibición de acceso a mapa.

04/09/25: Publicación do Boletín 1 con notas do trazador, distancias e desniveis.

17/09/25: Publícase o Boletín final cos seguintes cambios e actualizacións:

  • Importantes recomendacións do trazador.
  • Adiántanse as saídas 30 minutos: comezo ás 10:00 para categorías oficiais e de 10:15 a 11:30 para iniciación.
  • Realizarase entrega de diplomas do Campionato Xunta de Galicia para todas as categorías (hora de inicio aproximada 13:30-14:00).

18/09/25: Publícase a Avaliación de Riscos.