Raid Gallaecia Short
Características do Raid Gallaecia Short
Raid Gallaecia Short é unha proba de uns 60 kms. de percorrido total nas categorías 3+0 e 2+1 e 30 kms. na categoría de Orientaraid e Junior divididos en varias seccións de btt, carreira a pe e kaiak.
O terreo deste raid é unha combinación de bosque galego, con zoas de bosque de piñeiros, autóctonos, zoas ribeireñas, viñedos e río. A carreIra percorrerá sendas, camiños, pistas sen asfaltar e asfaltadas.
Raid Gallaecia Short é un raid para tódolos públicos, enmarcado dentro do evento de series mundiais Raid Gallaecia, polo que é unha ocasión única para estar dentro dun evento de series mundiais e acompañar aos atletas que farán a carreira de expedición na experiencia do primeiro día de carreira.
Animamos a tódolos afecionados ao deporte ao aire libre a participar nesta festa da orientación e o multideporte nun concello que ten moito que ofrecer, nunha zona do ribeiro chea de patrimonio, ríos e fragas, que fará as delicias dos raiders participantes.