Asemblea Xeral Técnica 2 de decembro 2023 [presencial]: PROPOSTAS 0 a 10
Estamos a traballar na preparación da Asemblea Xeral Técnica (AXT) do vindeiro sábado 2de decembro. Tedes información concreta de horarios e emprazamento entre as últimas noticias.
Recordade que a Asemblea Técnica é presencial e soberana para tomar decisións importantes que marcarán como será a tempada 2024 da modalidade da Orientación.
Confirmade asistencia en info@fegado.es
PROPOSTAS CAMBIOS NORMATIVA RAID (importancia ALTA). Recibidas en tempo e forma: proposta 1 (múltiple), 2 , 3a,3b e 3c (afecta a aspectos económicos). Nota da Dirección Técnica: son da opinión de que os cambios estructurais de profundidade que busquen garantir o futuro da especialidade (participación, etc.) deben ser trasladados, previo traballo da man da Vogalía de Raid da FEGADO, á Comisión (extendida) de Raid FEDO (non oficial) ou directamente á Asemblea Xeral FEDO (de ser necesario para os nosos intereses).
PROPOSTA O-PÉ (importancia ALTA). Recibida en prazo ampliado (xustificada) e admitida: proposta 4 sobre novas categorías de idade.
PROPOSTAS ORIENTACIÓN e RAID (importancia MEDIA). Recibidas en tempo e forma:
Proposta 5a que prepara o Regulamento de Orientación FEGADO a unha nova Ley del Deporte de ámbito estatal e que será transposta nun futuro próximo á normativa autonónica, abrindo a porta a unha futura redacción do Regulamento de Réxime Disciplinario (proposta simétrica 5b Raid).
Proposta 6a sobre Reclamacións (proposta simétrica 5b Raid).
Proposta 7 sobre Ventaxe inxusta
Proposta 8 sobre os fóra de competición (NC) (proposta simétrica Normas Anuais de tódalas especialidades).
PROPOSTA dun NOVO TEXTO UNIFICADO do REGULAMENTO RAID [en elaboración]. É unha proposta de tipo estético de mellora e actualización (recibida en prazo ampliado e formato correcto). Agradecer a Adrián Pérez o enorme esforzo que está a facer para achegar á AXT un estudo comparativo de tódolos artigos do Reglamento de Raid de Orientación y Aventura FEDO 2023 (publicado no primeiro trimestre de 2023) e a súa adaptación no Reglamento de Raid de Orientación FEGADO 2023 (aprobado no mes de decembro 2022). É moi necesario. Adrián seguirá a traballar ata o día 2 nunha proposta de reordear e mesmo eliminar artigos, mellorar redacción e unificar, na medida do posible, a linguaxe FEDO e FEGADO. O obxectivo é expoñer a versión última deste documento [está en elaboración] na AsembleaTécnica para recoller aportacións de cara a elaborar un texto definitivo que estará dispoñible durante o tempo necesario para a súa análise e aprobación, se procede, na Asemblea Xeral do 16 de decembro de 2023.
Recibidos os seguintes documentos con PROPOSTAS REG RAID (en prazo ampliado e forma):
- Proposta 9a Conxunto de 37 propostas + proposta FINAL
- Proposta 9b Versión última [borrador] do Regulamento Raid de Orientación 2024
- Propostas 10a, 10b e 10c relacionadas con mesas de traballo.
- Proposta 00 (pendente AXT e AX 2022).