Eventos

Bergondo Raid - Campionato Xunta de Galicia de Raid de Orientación

Características do Bergondo Raid

Bergondo raid é unha proba de uns 70 kms. de percorrido total nas categorías 3+0 e 2+1 e 35 kms. na categoría de Orientaraid e Junior divididos en varias seccións de btt, carreira a pe, coastering e kaiak. Tamén haberá algunha proba especial de puntería.

O terreo deste raid é unha combinación de bosque galego, con zoas de bosque de eucalipto, así como zoas semiurbáns, mar e río. A carrera percorrerá sendas, camiños, pistas sen asfaltar e asfaltadas e cruzará algunha vía principal.

Bergondo Raid é un raid para tódolos públicos. Calquera persoa que teña montado en bicicleta de montaña e en kayak recreativo, poderá probar e participar nesta disciplina deportiva na categoría de orientaraid, onde tanto a esixencia física coma técnica e de orientación será sinxela. Ao mesmo tempo o percorrido longo das categorías 3+0, 2+1, será o suficientemente esixente para os equipos acostumados a participar en probas desta índole.

Animamos a tódolos afecionados ao deporte ao aire libre a participar nesta festa da orientación e o multideporte nun concello que ten moito que ofrecer, tanto pola súa natureza interior como polas súas praias e patrimonio cultural, enmarcada dentro da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Por todo isto Bergondo é coñecido como a Xoia das Mariñas.

Inscrición

O prazo para a inscrición neste evento remata Ver na Intranet