Eventos

6ª proba de O-Pé: Os Chans do Barbanza

O clube USC e o servizo de deportes da Universidade de Santiago organizan a sexta proba da Liga Galega de Orientación a Pé.

A proba, como nos derradeiros anos, terá lugar nos Chans do Barbanza, do Concello de Boiro.

ALERTA DE SEGURIDADE

Aproximadamente entre 8:30 e 10:30 pasarán pola zona da proba os participantes dunha proba de BTT, polo que se roga estar atentos ó seu paso.

No documento asociado indícase a ruta compartida.

XOGO LIMPO

Non haberá recollida de mapas e na zona de concentración coincidirán corredores que xa fixeron o percorrido con outros que aínda non saíron. Recordamos a necesidade de practicar o xogo limpo neste caso, e polo tanto, que os que xa correron non ensinen/comenten os mapas/percorridos ata que teñan saído todos.

GRAZAS

O club USC felicita a todos os orientadores que participaron na Sexta proba da liga galega de orientación nos Chans do Barbanza pola actitude deportiva mostrada ao longo da xornada, o comportamento exquisito tanto fóra como dentro do "terreo de xogo" e o respecto ao xogo limpo.

Estamos abertos a todas as suxerencias que nos cheguen para mellorar a organización en futuras probas.

Grazas. Vémonos no monte