CAMPIONATO GALEGO SPRINT (Mañá)
CANCELADA A RECOLLIDA DE MATERIAL: Con mor do Campionato Galego de Orientación Sprint 2023, en VIGOrienta aproveitamos outro ano máis, para axudar a aqueles que tanto o precisan. O ano pasado foi a Ucraína, este ano, a Turquía e Siria. Neste caso, despois de falar co consulado turco en A Coruña, faremos unha recollida de material preciso para entregarlles e que o poidan recibir no país de destino. Por iso, pedimos colaboración para algo tan importante e poder recadar o máximo posible.
No centro de competición haberá unha lona para depositalo.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
O Campionato Galego Sprint 2023 contará con dous eventos, sendo éstes puntuables tamén coma 1ª e 2ª proba da liga Sprint 2023 .
Desenvolverase no barrio de San Martin de Coia-As Travesas. Un núcleo eminentemente urbano de máis de 30.000 habitantes, preto do centro de Vigo e das praias Samil, Vao ou Alcabre, que conta cun gran parque urbano con gran extensión de zona verde, bosquete e humedal.
Esa fin de semana, comeza o entroido na cidade, polo que, animámovos a que pasedes un bo fin de semana e disfrutedes tanto das carreiras coma destas festas en Vigo.
RECÓRDASE QUE PARA SER CAMPIÓN/ONA DESTE CAMPIONATO É PRECISO ESTAR INSCRITO NAS DÚAS PROBAS (MAÑÁ E TARDE)