Eventos

O-Pé paralela ao Campionato Galego de Raid en Melide

O-Pé

Con motivo da celebración do Camionato Galego de Raid en Melide abrirase unha sección O-Pé do raid para que calquer que se inscriba poda disfrutala

Hora e saída

O evento terá lugar o sábado 7 de marzo dende as 11:00 no Parque Rosalia (Secretaría) para dar comezo coas saídas dos corredores de forma gradual, podendo iniciar a actividade de 11:00 a 11:30. Tendo un tempo máximo de 2h para realizar a actividade.

Percorrido

O percorrido será de aproximadamente 8,5Km

Cronometraxe

O cronometraxe Sport Ident realizarase mediante tarxetas de control P-Cards ou SportIdenr, todos aqueles inscritos que non teñan Pinza ou P-Card proporcionaráselle unha que será devolta ao final da proba, a súa perdida ocasionará un recargo de 30?

Custo

Socios A.d. Cerne e socios Aromon 3? +gastos xestión

Non socios 5? adultos e 2? menos de 16anos +gastos xestión

Data límite e aforo

Domingo día 1 de marzo ou ata acadar as 100 prazas

Mapa

Mapa a escala 1:7500 (1cm no mapa representa 75m na realidade) con curvas de nivel cada 5m (Eq=5m)

Información de interes

É obrigatorio o uso de calzado e roupa adecuada para a realización de deporte, aconséllase pantalón longo, tede en conta que a actividade transcorre por camiños, sendas, prados e bosque. Pódese facer uso das duchas no Pavillón municipal ao finalizar. A actividade transcorre por camiños que están abertos ao tráfico polo que tomaremos especial precaución cando transcurramos por eles. Coa inscripción acéptase que A.d. Cerne e Aromon poidan facer uso dos dereitos de imaxe d@s participantes. O mapa pertence a A.d. Cerne e queda prohibida a súa reprodución e uso sin consentimento.

Contacto

Para calquer dúbida ou información contactar con Rubén no 666501339 ou en adcerne@gmail.com

Organizan

Adxuntos

Inscrición

O prazo para a inscrición neste evento rematou Ver na Intranet