Campionato Escolar Provincial de Ourense de Orientación 2026
O campionato escolar provincial de orientación vaise realizar o 26 de marzo de 2026 no Parque Municipal do Arenteiro (Carballiño), e está dirixido ao público escolar entre os anos 2010 e 2013.
A organización estará a cargo do Servizo Provincial de Deportes de Ourense (Secretaría Xeral para o Deporte) da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Orientación, coa colaboración e apoio do Concello do Carballiño, a A.D. Limiactiva e o club OUR-O.
Para formalizar a inscrición nesta proba, a entidade terá que estar preinscrita na ACTIVIDADE DEPORTIVA de Orientación. Para máis información sobre este aspecto, dirixirse ao Servizo Provincial de Deportes de Ourense (en horario de mañá) chamando ao teléfono 988 386 050 ou no correo: deportes.ourense@xunta.gal
