OS NOSOS ORIENTADORES REGRESAN DO CAMPIONATO EUROPEO DE MTBO CUN DIPLOMA NAS REMUDAS MIXTAS
O pasado domingo 22 de maio finalizou o Campionato de Europa de MTBO, celebrado en Lituania, onde competiron como parte da Selección Española os nosos deportistas Sofía Martínez, Marcos Silvarrey (ambos na categoría xuvenil), Juan José Sancosmed e Ángel García (os dous na categoría senior).
O xoves 18 inagurouse o evento para os xuvenís e juniors coa distancia media. O venres todas as categorías enfrontáronse á distancia sprint e o sábado tivo lugar a distancia longa.
A competición despediuse o domingo 22 coas remudas, nas que o equipo formado por Sofía Martínez, Marcos Silvarrey e Juan Pedro Fernández conseguiu o diploma pola súa quinta posición na categoría xuvenil. Destacamos tamén o décimo posto do equipo integrado por Mònica Aguilera, Javier Muñoz e Ángel García na categoría senior.
Dende a FEGADO trasladamos a noraboa a todos!
Achégase o enlace á web da IOF onde se poden consultar os resultados completos, GPS e a retransmisión por televisión. Achégase tamén o enlace á web do evento para máis información.