Noticias

MÁIS DE CORENTA DEPORTISTAS DA FEGADO PARTICIPARON ESTA FIN DE SEMANA NO CAMPIONATO IBÉRICO FEMININO DE O-PÉ

Navalcán (Toledo) acolleu esta fin de semana o XVI Trofeo Quijotes, que foi o Campionato Ibérico Feminino de O-Pé e puntuable para a Liga Española

Na distancia longa do sábado, Martin Morales (AD Limiactiva), David Casado (Club O Pasatempo Betanzos) e Rosa Pernas (Club USC), lograron a medalla de bronce en M40, M50 e F60, respectivamente. Maikel Rodríguez (Club VigOrienta) entrou no top ten en ME coa súa 8° posición.

A xornada do sábado completouse co sprint, onde Martín Morales (AD Limiactiva) e Ana Iglesias (Club UVigo) foron os campións en M40 e F55. Rosa Pernas (Club USC) logrou a prata en F60 e David Casado (Club O Pasatempo Betanzos) tamén rematou en segunda posición en M50. En F21A o bronce foi para Irene Morales (AD Limiactiva) e en F45 para Sonia Arias (Club Aromon de Pontevedra). Maikel Rodríguez (Club VigOrienta) acadou o décimo posto en ME.

O Trofeo despediuse o domingo coa distancia media, na que David Casado (Club Ó Pasatempo Betanzos), conseguíu o ouro en M50 e Conchi Bello (Club Orientación Compás) e Rosa Pernas (Club USC), o bronce en F55 e F60, respectivamente. Mentres, Maikel Rodríguez (Club VigOrienta) mantívose no top ten en ME coa súa décima posición.

Coa suma dos resultados das tres probas, David Casado (Club Ó Pasatempo Betanzos) acadou o ouro en M50, mentres que Sonia Arias (Club Aromon de Pontevedra) proclamouse subcampioa ibérica en F45 e Martín Morales (AD Limiactiva) tamén logrou a prata en M50. O bronce en M40 foi para Ángel Álvarez Serto (Club Aromon de Pontevedra), en F55 para Conchi Bello (Club Orientación Compás) e en F60 para Rosa Pernas (Club USC); pola súa banda María José Naya (Club Orientación Liceo) foi a terceira española clasificada en F65. Finalmente, Maikel Rodríguez (Club VigOrienta), logrou o oitavo posto en ME.

Parabéns a tod@s!


Os resultados completos están dispoñibles aquí e tedes máis información na web do evento