DOUS ORIENTADORES GALEGOS NAS PROBAS DE SELECCIÓN PARA O CAMPIONATO DO MUNDO JUNIOR DE O-PÉ
Mateo Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra) e Nicolás López (Club O Pasatempo Betanzos) participaron a pasada fin de semana nas últimas probas de selección para o Campionato do Mundo Junior de O-Pé 2021 (JWOC), que se celebrará en Turquía do 5 ao 10 de setembro.
O venres 16 de xullo competiron na distancia sprint en Nalda (La Rioja), ao día seguinte disputouse a distancia media en Urbasa (Navarra) e o domingo tivo lugar a última proba en Legutio (Navarra).
Estas probas foron organizadas pola FEDO, o Club Deportivo Navarra, o Club de Orientación Bidea, o Club de orientación Araba e o Club de Orientación Rioja-O.
Dende a FEGADO damos os parabéns aos dous deportistas!
Achegamos o enlace á nova da FEDO onde podedes consultar os resultados.