A LIGA ESPAÑOLA DE MTBO COMEZOU ESTA FIN DE SEMANA CO CAMPIONATO IBÉRICO DE MTBO
A pasada fin de semana, a Liga Española de MTBO deu comezo en Extremadura co Campionato Ibérico de MTBO, no que participaron 17 deportistas da FEGADO.
Estas probas foron puntuables para formar parte da Selección Nacional de MTBO, tanto no Campionato Europeo de MTBO (EMTBOC e EYMTBOC), celebrado do 25-29 de abril en Portugal; coma o Mundial de MTBO (WMTBOC, World Cup e JWMTBOC), do 18-26 de agosto na República Checa.
Coa suma de todos os resultados, Mar Delgado (Club O Pasatempo Betanzos) sitúase en terceira posición no ranking nacional en FE.
No SPRINT, Lía Rodríguez (Club Orientación Compás) e Aaron Rodríguez (Club O Pasatempo Betanzos) recolleron a medalla de bronce en F15 e M15, respectivamente. En M20 Marcos Silvarrey (Club Gallaecia Raid) foi o segundo clasificado e Paulina Mosquera (Club Gallaecia Raid) terceira en F50.
Na distancia LONGA, Lía Rodríguez (Club Orientación Compás) repetiu terceira posición en F15, mentres que Aaron Rodríguez (Club O Pasatempo Betanzos) proclamouse campión en M15. En M40 Rodrigo Rodríguez (Club Orientación Compás) foi o segundo clasificado, seguido de Juan Combarro (Club O Pasatempo Betanzos).
Na clasificación global, o terceiro posto en F15 foi para Lía Rodríguez (Club Orientación Compás) e a prata en M15 para Aaron Rodríguez (Club O Pasatempo Betanzos). En M20 Marcos Silvarrey (Club Gallaecia Raid) logrou o terceiro posto (2° español) e tamén rematou en terceira posición Paulina Mosquera (Club Gallaecia Raid) en F50.
Prabéns a tod@s!
Os resultados completos están disponibles aquí