Noticias

ÁNGEL GARCÍA FORMOU PARTE DA SELECCIÓN ESPAÑOLA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE MTBO

Ángel García, do Club Brigantia Aventura, representou a España no Campionato do Mundo de MTBO, que se celebrou en Kuortane (Finlandia) entre o 12e o 17 de xuño deste 2021.

O sábado 12 os deportistas competiron na mass start, onde Ángel García conseguiu una 18ª posición, a apenas dous minutos e medio do primeiro clasificado. O sprint celebrouse o domingo 13 e o luns 14 foi a distancia media, en ambas probas o noso orientador acadou o 37º posto. Tras un día dedescanso, o mércores 16 disputouse a distancia longa, onde Ángel quedou en 21º lugar despois de 39 km de carreira, a menos de 9 minutos do gañador. Por último, o xoves 17 celebráronse as remudas, nas que o orientador da FEGADO formou equipo con outros dous membros da Selección Nacional, Juan Francisco Marín e David Toll, e xuntos entraron no top 10 cunha 9ª posición.

Damos os parabéns a Ángel García e ao resto dos integrantes da Selección Española polos bos resultados obtidos!!!


Achegamos o enlace á páxina web da IOF, no que podedes consultar os resultados completos, así como revivir o Campionato a través do GPS e da Web-TV de xeito gratuíto.

Adxuntos