Noticias

LISTAXE dos/as deportistas integrantes da SELECCIÓN GALEGA para os Campionatos de España de Orientación a Pé 2022 (CEO-2 Extremadura)

En aplicación do Programa Xeral para Seleccións Galegas e do Proxecto Deportivo de Orientación a Pé 2022, procedemos a publicar a relación dos/as 34 deportistas seleccionados/as para representar a Galicia na primeira fase do Campionato de España de Orientación a Pé 2022 (CEO-2) que terá lugar en de Extremadura durante a vindeira fin de semana (2 e 3 de abril de 2022).

Os deportistas seleccionados/as terán dereito a unha axuda económica da FEGADO que cubrirá os custos de inscrición e parte dos gastos de manutención nunha cuantía a definir pola Xunta Directiva en función da participación en ambos CEOs (1 e 2). Para acceder ás axudas de manutención será imprescindible a presentación de tickets (transporte, gasolina, gastos en comida, restaurantes, hoteis, etc.) e cubrir o correspondente formulario de solicitude que será distribuído ao rematar os CEOs.

Parabéns e sorte a todos/as !