Noticias

OS EQUIPOS GALEGOS RECOLLEN TRES MEDALLAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE RAID

A pasada fin de semana a localizade extremeña de Jarandilla de la Vera acolleu o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Raids, organizado pola FEXO e o Club Alcor.

Nesta proba, os deportistas das categorías superiores, completaron unha distancia aproximada de entre 150-200 km, en seccións de BTT e trakking e probas especiais de habilidade, puntería e cordas.

Destacamos a segunda posición do equipo Gallaecia Pasatempo Raid Team (Martín Casado, Diego Otero e Carla Somoza) na categoría xuvenil e os primeiros postos do conxunto Brigantia (Javier Flores, Ángel García, Sofía García e Aurelio Olivar) en absoluto e do equipo Veteranos O Pasatempo Betanzos (Mª Esther Barreira, David Casado, Roberto Chas e JoséManuel Nogueras) na categoría veterana.

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns aos nosos deportistas. Toda a información, así como os resultados completos, están dispoñibles neste enlace