Noticias

[Nova] Actualización do PROTOCOLO FISICOVID-DxT GALEGO FEGADO_Act. feb2022

A Secretaría Xeral do Deporte ven de certificar no día de hoxe a Actualización do PROTOCOLO FISICOVID-DxT GALEGO FEGADO_feb2022 (o anterior PROTOCOLO_out2021 continúa en vigor, pero é complementado e/ou correxido a través desta actualización parcial). Podes consultar a actualización nas ligazóns adxuntas.

A xustificación dos cambios e a natureza das medidas de flexibilización aprobadas apoianse nos últimos cambios normativos e no alto porcentaxe de poboación galega con pauta completa de vacinación (94,6 % sobre a poboación maior de 12 anos).

Trátase dunha actualización de protocolo de carácter transversal, enfocada na liña de ir converxendo cara ao protocolo FEDO e que afecta a todas as especialidades. Simplicará os esforzos dos organizadores (que non o grado de rigor en velar pola seguridade dos/as orientadores/as) ao relaxar medidas como a toma de temperaturas en exteriores, posibilidade de ampliar o número de deportistas por quenda, etc.

Dalgún xeito a normalidade tamén voltará a través da posibilidade de que recuperar as cerimonias de entrega de trofeos (coa súa correspondente letra pequena), de dotar de avituallamentos ás probas, de rehabilitar o uso da pinza clásica como método de marcaxe alternativo, ou de retomar a entrega da descripción de controis no espazo -2 e mesmo de activar o espazo -3 se as organizacións o estiman necesario, etc..

A actualización aporta unha maior liberdade nas progresións en equipo (Raids de Orientación, Rogaine, etc.) na medida en que ofrece a posibilidade de recuperar as saídas en masa (con algún matiz técnico) e permite a progresión de membros dun mesmo equipo sen máscara e sen distancia de seguridade de xeito análogo ao que acontece nos deportes de contacto.

Ábrense as portas á celebración das merecidas Remudas (calendadas para novembro de 2022) para o que xa levamos dous interminables tempadas agardando.


CONDICIÓNS:

Para poder dar todos estes pasos, a participación na actividade deportiva federada, a partir da aprobación da presente actualización, queda condicionada a que os/as deportistas, vía Declaración Responsable durante o proceso de inscrición, dispoñan dun certificado de vacinación que acredite ter recibido unha pauta completa dunha vacina contra a COVID-19.

Como alternativa ao Pasaporte COVID-19, habilítanse a alternativas de poder aportar á organización algún certificado de proba diagnóstica con resultado negativo: PCR nas 72 horas previas ou test de antíxenos nas 48 horas previas.

Tamén recóllese a excepcionalidade de aportar certificados aos menores de 12 anos de idade.


Apelamos á responsabilidade das organizacións e á conducta individual dos/das deportistas. Convidamos a que, na medida do posible, todos/as sigamos plantexando a organización e a participación nas actividades da FEGADO como levamos facendo ata agora: respectando a distancia interpersoal, con uso de máscara obrigatorio en tanto non se estea a facer esforzo físico, con desinfección de mans e tarxetas antes de facer contacto con materais e superficies, a través de elección de espazos amplos para os Centros de Competición (saídas, metas, presaídas, etc.), estratexias de separación-dispersión de corredores a través de trazados de calidade (especial coidado no estudo da densidade de corredores/as nos primeiros puntos), quendas e grellas (parrillas) de saída co menor número de deportistas posible, recurrindo de ser necesario á ampliación de horarios se a natureza da/s proba/s o permite, etc.

Sempre en positivo... e con (moito) #sentidiño.

Boas carreiras !