Xa se atopa actualizado o ranking de O-Pé cos resultados da novena
proba, que tivo lugar o día 20 de outubro en Lugo.
Achégase
un pequeno programiña Java para poder comprobar as puntuacións de
calquera participante desglosadas por probas. Para poder funcionar con
el cómpre ter instalada unha versión moderna do entorno de execución da
linguaxe Java (JRE ou JDK). Funciona en diferentes sistemas operativos
(Windows, Linux, ...). Dependendo do tipo de instalación, nalgúns
ordenadores bastará con facer dobre-click sobre o arquivo descargado
"Corredor.jar". Se non funciona, o máis sinxelo é abrir a ventá de
comandos do sistema operativo e escribir "java -jar Corredor.jar" desde a
carpeta onde se atopa o programiña descargado. Achégase o mesmo
programiña, pero en versión Android. Pódese descargar e instalar en todo
tipo de dispositivos que leven o devandito sistema (smartphones,
tablets, etc). O programa non precisa de acceso a Internet para
funcionar despois de instalado.