Noticias

TECNIFICACIÓN O-PÉ tempada 2022. Segunda actividade para a rapazada en Xermade (Lugo) na tarde do sábado 26 de febreiro.

Abrimos as listaxes para inscribirse na segunda actividade do Proxecto de Tecnificación e Alto Rendemento Deportivo que terá lugar en Xermade (Lugo) na tarde do sábado 26 de febreiro, inmediatamente despois da 4ª proba da Liga Galega de Orientación a Pé.

Dado que a climatoloxía parece que nos permitirá seguir adiante coa proposta, estamos a ultimar o programa dunha xornada que pretendemos dividir en tres partes:

- Charla técnica sobre o Mapa de Serrón do Lobo. Descricións de control (Posiblemente nas aulas do Parque Eólico Experimental de Sotavento). Aforo limitado.

- Actividade de TRAIL-O na contorna dos edificios: cartografía e descricións de control.

- Actividade de memorización e descricións de control no mapa de Serrón do Lobo.


Inscricións na tecnificación do sábado 26 de febreiro en Xermade (Lugo) na tarde en horario de 15:00 a 17:30 horas. Actividade gratuita. Monitor@s FEGADO. Confirma se queres participar nesta actividade a través da persoa responsable do teu club na conta de correo fegado.tecnificacion@gmail.com. DATA LÍMITE para a CONFIRMACIÓN: extendida ao xoves 24 de febreiro ás 22:00 horas.


Grupos de tecnificación. Actividades orientadas ao rendemento deportivo de base,entendido como a etapa de desenvolvemento e perfeccionamento previa á participación en categorías absolutas e anteriores á absoluta. Persoas destinatarias. Rapaces e rapazas que xa "progresan autonomamente" en probas oficias (mínimo nas categorías M/F 12). Por decisión técnica se asignarán ao Grupo 1 (básico), Grupo 2 (intermedio) ou Grupo 3 (perfeccionamento).

Materiais. Mapa da carreira da mañá, tarxeta SPORTident e compás. Roupa de abrigo (temperatura prevista de mín. 3ºC e máx. de 14º C).

Nota. Estaremos en pleno Entroido... os disfraces serán benvidos á Tecnificación.


Escola de Pequen@s Orientador@s. Para esta proba NON convocamos aos pequenos orientadores, dadas as restricións de aforos nas aulas e baixa dispoñibilidade de monitor@s. Pero convidamos a pais/nais e acompañantes a gozar dalgún dos cinco (5) percorridos permanentes que existen no emprazamento.