Noticias

RG SPAIN EXPEDITION RACE

Hoxe sábado 18 de maio clausurase o Raid Gallaecia Spain Expedition Race (Carreira de Aventura das Series Mundiales) cun concerto de rock na cidade de Viveiro, que foi o centro de eventos desta edición.

A proba, con 500Km non stop, na que os participantes tiñan que demostrar a súa destreza en trekking, mtb, kayak, rappel, espeleoloxía e, sobretodo, orientación, foi extraordinariamente organizada polo CLUB GALIORIENT SPORTS que recibíu as felicitacións dos máis experimentados raiders a nivel mundial, facendo especial fincapé na calidade dos mapas e na preparación loxística das transicións.

Os equipos de composición galega brillaron con luz propia demostrando, unha vez máis, que están preparados para competir, ao máis alto nivel, cos mellores equipos do mundo que se deron cita na Mariña Lucense.

Destacan o 5º posto de PEDASÍ PARADISE, o 7º de FLUVIAL LUGO-OS BARBAS e o 10º de BUDIÑORAID na clasificación das Series Mundiales. E na categoría parellas o 1º posto de ASERAGRO-VIZHOJA-CORNELIOS e o 3º de TALLERES MINGOS-VIZHOJA-CORNELIOS.

En resumo, unha moi boa imaxe galega para o mundo tanto a nivel organizativo como a nivel competitivo nun deporte que promulga como valores fundamentais o esforzo, o traballo en equipo e a igualdade entre homes e mulleres.

Os nosos parabéns a organizadores e participantes.

Adxuntos