EXCELENTES RESULTADOS DOS DEPORTISTAS DA FEGADO ESTA FIN DE SEMANA NO CAMPIONATO IBÉRICO DE MTBO
A localidade portuguesa de Albergueria dos Doze acolleu esta fin de semana a segunda fase do Campionato Ibérico de MTBO 2025, que reuniu a deportistas españois e portugueses.
Celebráronse unha proba de media distancia e unha mass start, ambas puntuables para o Campionato, ademais dun sprint non puntuable. No cómputo global das tres probas, Lía Rodríguez e Noa Rodríguez (ambas do Club de Orientación Compás), lograron o ouro en D17e D20, mentres que nesta última categoría o bronce foi para Sofía Martínez (tamén do Club de Orientación Compás). Pola súa banda, Marcos Silvarrey (Club Gallaecia Raid) foi segundo en H20, Alicia Pérez (Raza Palleira) recolleu o ouro en D40, mentres que en D50 a primeira posición foi para Sonia Gómez (Club de Orientación Compás), seguida de Claudia Oreiro (Club Gallaecia Raid). Francisco Varela (Club de Orientación Compás) tamén logrou o ouro en H60.
Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a tod@s!
Os resultados completos están dispoñibles neste enlace.